![]()
PONTEVEDRA> Este ano presentáronse a concurso 61 marcas, catro máis que o ano pasado. Das premiadas, 10 son de empresas da provincia de Pontevedra.
{flowplayer}images/salnes/ENTREGA_PREMIOS_GALLAECIA.flv{/flowplayer}
Un total de sesenta e unha marcas, catro máis que na edición pasada, participaron este ano no concurso para conseguilas Distincións Gallaecia ós mellores destilados amparados baixo o Consello Regulador de Augardentes e Licores de Galicia outorgadas pola Asociación de Sumilleres de Galicia.
Dunha cata a cegas, realizada por nove expertos, resultaron premiados 19 destilados. A Presidenta da Asociación salientou o aumento de participación dos augardentes de bagazo.
Cabe destacar, ademais, que dos 19 premiados, dez pertencen a empresas situadas na provincia de Pontevedra. Mercedes González salientou, tamén, que ser un augardente galego é un valor engadido. E así é recoñecido xa que cantidade de empresas, lamentou, o venden como da terra cando non o é.
Neste senso tamén se pronunciou o Vicepresidente da Asociación, Luis Paadin, quen asegurou que a maioría dos augardentes que se venden en Galicia como galegos non o son. A única garantía é que leven a contraetiqueta do Consello Regulador de Augardentes e Licores de Galicia.
Pola súa banda, o Presidente do Consello Regulador de Augardentes salientou que seguirán apoiando este tipo de certames xa que cumpren un dobre obxectivo: dar a coñecelos destilados galegos ó tempo que incentivan ó empresario.
En total, nesta edición, participaron 25 augardentes de oruxo de Galicia, dous augardentes de herbas, seis envellecidos, 15 licores de herbas e trece de café.
Redacción Salnés









