PORTO DO SON> O alcalde de Porto do Son reuniuse a pasada semana co Conselleiro de Sanidade para analizar o estado do proxecto do futuro centro de saúde. O concello está a ultimar o proceso de compra dun edificio na zona do Outeiro para albergar o futuro servizo.
O concello de Porto do Son leva meses traballando para axilizar a construción do futuro centro de saúde na localidade. Xa hai un acordo para a compra dun edificio na zona do Outeiro, a través dun préstamo do IGVS.
A intención do executivo é axilizar o máximo posible o procedemento administrativo para poder contar canto antes co novo centro de saúde. O actual presenta algunhas deficiencias, relacionadas principalmente coas filtracións de auga. Que implican numerosos investimentos para garantir un mantemento axeitado.











