A mostra sobre o autismo de Amicos chega a Lousame

LOUSAME> O acto inaugural en Lousame da exposición sobre o autismo organizada pola asociación Amicos que dende hai máis dun mes percorreu os concellos da Barbanza contou esta mañá coa presenza, ademais da alcaldesa da localidade, teresa Villaverde co director xeral de Familia e Infancia, Jacobo Rey.

Os dous puxeron en valor esta iniciativa de Amicos, destacando todo o traballo que fai a entidade de apoio ás persoas que teñen trastorno do espectro autista.

A vicepresidenta de Amicos, Digna Iglesias, agradeceu a colaboración prestada polos concellos, que fixeron posible que esta exposición fora adiante, como tamén ós colexios da comarca por participar nesta iniciativa de sensibilización que axuda a coñecer e normalizar o TEA.

Durante o acto procedeuse tamén á lectura dun manifesto por parte deusuarios da entidade e realizouse posteriormente un xogo colectivo no que tomaron parte tamén escolares do colexio Cernadas de Castro.

A mostra poderá visitarse nos próximos días na praza do Concello, tras máis dun mes de travesía pola comarca do Barbanza.