Instálase en Pontevedra a tolemia en torno á selección

PONTEVEDRA> Miles de persoas achegáronse ata a Avenida de Montero Ríos onde estiveron instaladas as carpas do Club Selección. Os xogos, os sorteos e sobre todo, o museo coa Copa do Mundo e as Eurocopas, fixeron as delicias, especialmente dos máis pequenos, chegados dende tódolos puntos da provincia.

{flowplayer}images/salnes/CarpaClubSeleccion_060912.flv{/flowplayer} 

A tolemia pola selección española de futbol instalouse esta tarde na Avenida Montero Ríos de Pontevedra, tomada polos milleiros de afeccionados que non dubidaron en achegarse ás carpas do Club Selección.

Moitos clubes de toda a provincia organizaron excursións para que os máis cativos desfrutasen da paixón pola ‘Roja’. Un futbolín xigante para 20 persoas, un medidor de velocidade de disparo, un campo de futbol tenis, tendas de merchandaising, etc.. Todo un parque temático en torno á selección no que tamén foron sorteadas quince entradas dobres para o partido de mañá.

Os máis pacientes, ademais da calor tiveron que soportar as longas colas que se formaron para fotografiarse e ver de preto a Copa do Mundo e as Eurocopas de 2008 e 2012.

Moitos dos presentes hoxe nas carpas achegáronse ata Pasarón para ver o adestramento. Andrés Iniesta, sen dúbida, o preferido entre a mocidade. 

Na nosa particular enquisa sobre o resultado que se dará no encontro de mañá tampouco hai dúbidas. Gañará España e por goleada.

Redacción Salnés