A Autovía Vilagarcía-Pontevedra non se licitará este ano por falta de fondos

    convenio_matifolecopy.jpgVILAGARCÍA> O confirmou o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas trala sinatura do convenio para o acondicionamento do río Con.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_MATI_CON.flv{/flowplayer}

    Malia que a tramitación está completada e hai xa un proxecto sobre a mesa, a nova autovía entre Vilagarcía e Pontevedra non se construirá este ano. Así o confirmou o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, na capital do Salnés. Será así, lamentou, por falta de orzamentos neste 2012. Aínda así, agarda que máis pronto que tarde se poida licitar a obra.

    A visita de Hernández a Vilagarcía veu motivada pola sinatura do convenio, xunto ó alcalde, Tomás Fole, do convenio para o acondicionamento do río do Con ó seu paso pola rúa Florida. O obxectivo non é outro que o de solucionar os problemas de asolagamentos existentes na zona. A actuación contará cun orzamento de máis de seiscentos mil euros, dos que a Xunta aportará 496 mil e o concello 106 mil.

    Neste encontro, o dirixente autonómico tamén falou doutros asuntos clave, vinculados á súa Consellería, coma é o das inundacións de Matosinhos e os vertidos ó río do Con á praia Compostela. En conxunto, aínda que non hai actuacións concretas, Hernández asegurou que os están estudando. O que si resaltou é que, nestes momentos, teñen actuacións na ría de Arousa por valor de máis de 20 millóns de euros.

    En canto ó proxecto de acondicionamento do río do Con, desde Augas de Galicia agardan se licite antes de finais de ano de xeito que no 2013 estean as obras rematadas.

    Redacción Salnés