Artemar desembarca en Ribeira con máis dun cento de postos

    RIBEIRA> Inaugurada en Ribeira a primera exposición de Modelismo Naval Contra o Cancro, 80 maquetas solidarias que dan o pistolezato de saída á quinta edición de Artemar, que durante catro días convertirá a Ribeira nunha auténtica feira mariñeira. Buques rusos da Segunda Guerra Mundial, Bateeiros do Barbanza, Atuneiros con helicóptero incluido, ou Bergantíns ingleses do século dezaseis. Son só algunhas das 80 embarcacións, tan diminutas coma reais, que desde esta mañá se poden observar no Auditorio de Ribeira. Manuel ademais de modelar parte das maquetas desta exposición é o seu organizador. Unha mostra que forma parte de Artemar, a Feira tradicional e mariñeira que desde hoxe encherá de actividades a cidade de Ribeira. Pero como en toda festa mariñeira que se preze, tamén haberá tempo para a degustación. Desde este xoves e ata o próximo domingo, 110 postos de artesanía e multitude de actividades farán do mar, máis ca nunca, o auténtico protagonista da cidade de Ribeira. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/18/apertura_feira_artemar_ribeira_180820161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/18/apertura_feira_artemar_ribeira_18082016.mp4{/flowplayer}