O festival Revenidas deixou un retorno económico en Vilaxoán e na súa contorna de 1,3 millóns de euros

VILAXOÁN> Máis de 25 mil persoas e 1,3 millóns de euros de retorno económico para Vilaxoán e a súa contorna. Ese é o balance que deixa o festival do Revenidas tras unha edición de éxito. O sábado foi o día que máis xente congregou superando as 8 mil persoas.

O festival Revenidas volvía este ano á normalidade e o facía cunha edición especial con cinco días de concertos. A súa celebración non puido ser máis exitosa e a longo de todos os días pasaron polo Revenidas máis de 25 mil persoas.

O sábado foi o día no que máis xente asistiu ao festival superando os 8 mil visitantes. Entre os concertos con máis público destacan zoo, as Tanxugueiras e incluso Dakidarría á unha da tarde.

Toda esta afluencia de persoas non só foi boa para o Revenidas se non tamén para Vilaxoán. O festival deixou de retorno na vile a na súa contorna máis dun millón trescentos mil euros. Unhas cifras moi importantes e que enchen de orgullo a unha organización tan vencellada á súa vila.

A importancia de Vilaxoán para a organización viuse reflexada na xornada do domingo, que foi aberta ao público para que toda a vila puidese gozar do xantar popular e dos concertos.

Ademais destas cifras, a gran afluencia de público tamén fixo que o festival contase con máis de 500 traballadores, entre camareiros, técnicos e técnicos de son. Dende a organización celebran este éxito pero ven complicado poder realizar un festival con tantos días nas vindeiras edicións. Estudarán as posibilidades para poder hospedar e dar servizo a todos os visitantes sen saír de Vilaxoán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí