![]()
SANXENXO> O equipo de arqueoloxía da Deputación de Pontevedra achou un esqueleto, segundo eles mesmos din, dunha muller nova. Trátase do primeiro esqueleto que aparece no Campo de A Lanzada nos últimos 50 anos. Por iso ata o lugar se desprazaron este luns a Presidenta da Deputación e o alcalde de Sanxenxo, para coñecer de primeira man a importancia do achado.
O xacemento arqueolóxico do Campo da Lanzada foi testemuña do achado dun esqueleto, posiblemente dunha muller nova, segundo recoñeceu o responsable da intervención.
A intervención para a posta en valor do asentamento galaico-romano do Campo da Lanzada, sacou xa a luz máis de 3.000 pezas arqueolóxicas e restos dun cánido.
O alcalde, Gonzalo Pita subliñou a importancia do apoio das administracións neste tipo de iniciativas para coñecer a historia das vilas
Os restos serán trasladados a Santiago, onde se lles realizarán os estudos pertinentes e cuxos resultados se coñecerán nun prazo comprendido entre un e dous meses
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/19/visita_xacemento_lanzada_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/19/visita_xacemento_lanzada.mp4{/flowplayer}









