Distribunosa deseña modelos de mamparas de protección fronte ó coronavirus

RIANXO>  Coa súa proposta, a firma rianxeira, dedicada á fabricación e comercialización de mamparas de baño, espera satisfacer a demanda dos negocios da zona.

A crise do coronavirus obrigou a moitas empresas a ter que adaptarse ós novos tempos. Un exemplo é Distribunosa. A firma rianxeira, punteira na construción e distribución de mamparas de baño, decidiu implicarse nun novo proxecto empresarial, co deseño de varios modelos de mamparas de protección en vidro templado de seguridade, tanto en medidas estándar como personalizadas á medida do cliente. Pretende dar así resposta á elevada demanda de moitos negocios da zona que precisan deste tipo de elementos para a súa reapertura como medida de protección fronte ó COVID-19.

Durante este tempo, Distribunosa puido seguir desenvolvendo o seu traballo, mantendo os mesmos empregados de antes do inicio da crise, aínda que o volume de negocio no seu sector baixou considerablemente.

De cara ós vindeiros meses confían en que a situación vaia mellorando e poder volver á normalidade.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí