Os cativos do Rosalía de Castro non terán ‘volta ó cole’ ata o luns

    colexiorosaliacastro copia.jpg O GROVE> A ANPA decidiu non mandar ós nenos ás clases ata que as aulas nas que se obrou este verán estean limpas e co mobiliario colocado.

    {flowplayer}images/salnes/COLEXIO_ROSALIA_CASTRO_120912.flv{/flowplayer}

    As obras de mellora que se realizaron no último mes e medio no colexio Rosalía de Castro do Grove remataron a tempo para o inicio das clases, pero non o acondicionamento das estancias onde se ubican as aulas de primaria e educación infantil. Segundo a ANPA, a pesar de que os obreiros limparon, queda aínda lixo nas clases e fai falla unha limpeza a fondo.

    A isto hai que engadir o mobiliario non está aínda colocado. É por iso que onte se reunía para decidir que ata o luns, non mandarán ós seus nenos á clase.

    Desde a Xefatura de Educación da provincia de Pontevedra instouse a comezar o curso hoxe por entender que as estancias están en condicións. Unha opinión que comparten desde o concello. Tanto o alcalde como a edil de Educación estiveron nas instalacións o luns e aínda que recoñecen que non está colocado todo o equipamento, os nenos poden recibir clases alí perfectamente.

    Polo de agora os pais seguirán traballando estes días para acondicionar as estancias e que os nenos poidan ter o luns a súa particular volta ó cole.

    Redacción Salnés