A volta ó cole hipoteca as economías familiares na Arousa

    VILAGARCIA> A volta ó cole este ano está a ser máis dura ca nunca. Ás dificultades que supón a crise económica hai que engadir…

    {flowplayer}images/salnes/compra_material_escolar.flv{/flowplayer}

    … a suba do IVE e un novo cambio nos libros que impide poder reciclar os do ano pasado. Clientes e vendendores coinciden pois en valorar negativamente este comezo do curso.

    Desde que anunciaron a subida do IVE do material escolar ata o 21 % foron moitos os que se apuraron a facer algunhas compras. Con todo, as librerías da contorna polo xeral aínda non subiron os prezos co que este imposto non se deixou notar demasiado na cesta da compra.

    Os pais protestan, sobre todo, polo prezo dos libros de texto. Aseguran non entender porque volveron a mudar os libros ó tempo que minguaron as axudas. Esta volta ó cole está a facer aínda máis dura esta xa chamada costa de setembro; ata o punto que chega a repercutir, e moito, noutras compras familiares.

    Redacción Salnés