Ribadumia presenta mañá en pleno o novo Plan de Prestacións Sociais

    pleno_ribadumia100_060509.jpgRIBADUMIA> A Concellería de Servizos Sociais de Ribadumia presenta mañá en pleno o novo Plan Concertado de Prestacións Sociais.

    A proposta ascende a 255 mil euros e inclúe once importantes proxectos que permitirán garantir as prestacións básicas aos cidadáns en situacións de necesidade. A cantidade increméntase notablemente con respecto ao pasado exercicio debido, principalmente, ao desenvolvemento da Lei de Dependencia.

    No plan inclúense programas como a Escola Educativa para o Ocio e o Tempo Libre, o Servizo de Asesoramento Xurídico a Inmigrantes, a Axuda no Fogar e a integración laboral de persoas con discapacidade. O goberno local considera fundamental seguir apostando polas prestacións sociais, máxime neste momento de crise. No plan deste ano tamén se inclúen proxectos como o de emerxencia social, ou o de prevención do alcoholismo e drogas, dirixido á mocidade.

    Redacción Salnés