VILANOVA> Vilanova estreita os seus lazos coa cidade alemá de Cuxhaven. Ambas vilas celebrarán o 15 aniversario do seu irmandamento cunha visita institucional ao municipio salinense, durante a que se lles entregará a medalla de ouro vilanovesa. Dende o concello tamén aproveitarán a viaxe para concertar unha reunión entre a delegación alemá e o sector turístico da zona.
Entre o 15 e o 19 de xuño, unha delegación da cidade alemá de Cuxhaven volverá visitar o concello de Vilanova. Este ano cúmprense 15 dende o irmandamento de ambos municipios; uns lazos que queren seguir estreitando en beneficio de toda a comarca.
Ao longo do século XX, máis de 3.000 vilanoveses emigraron ata Cuxhaven, de aí a forte relación que existe coa vila alemá. De feito, non é a primeira visita que realizan ao Salnés.
Para Gonzalo Durán, estes irmandamentos poden axudar a afianzar as relacións exteriores dos concellos de O Salnés.
A delegación que en xuño visite O Salnés estará composta por responsables políticos de Cuxhaven, así como tamén dun alto cargo do goberno federal alemán. Eles recollerán a medalla de ouro de Vilanova, en recoñecemento da súa relación histórica.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/visita_cuxhaven_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/visita_cuxhaven_vilanova.mp4{/flowplayer}