Cambados estuda melloras nas súas rúas para dinamizar o comercio

    fotobelecocopia.jpgCAMBADOS> O alcalde, xunto co delegado territorial, visitou as obras realizadas nas rúas Beleco e Illa de Arousa. Obras que poderían realizarse tamén noutras rúas.

    {flowplayer}images/salnes/ObrasComercioCambados.flv{/flowplayer}

    A obra consistiu na renovación do saneamento, tanto do alcantarillado como da recollida de pluviais, así como a renovación tamén de toda a canalización da rede eléctrica. Tanto as farolas como as beirarrúas se cambiaron por outras novas. Melloras todas elas destinadas a facer o entorno máis cómodo, práctico e agradable para os veciños e polo tanto, para os autónomos que estean buscando un lugar no que situar os seus comercios.

    O orzamento total deste obra rolda os 170.000 euros dos que a Xunta de Galicia, a través de comercio, aporta uns 110.000 e o Concello de Cambados 60.000. O delegado territorial de Economía e Industria destacou tamén a importancia destes proxectos.

    A pesares de que o alcalde non quixo desvelar polo de agora o nome de ningunha das rúas que se estuda renovar, agarda que pronto se poida chegar a un acordo coa Consellería de Economía e Industria e se poñan en marcha as obras noutros lugares do Concello.

    Redacción Salnés