Boiro destina máis de 224 mil euros a achegas a clubs e entidades deportivas

BOIRO> En total serán preto de trinta entidades deportivas as que se beneficiarán destas achegas. Suman máis de 224 mil euros.

A súa finalidade non é outra que axudar ós clubs a sufragar os seus gastos xerais en canto a arbitraxes, material deportivo ou equipamentos, así como a celebración de probas deportivas ou a participación nas mesmas.

Estas axudas sumaranse tamén ás achegas que o Concello fai de concorrencia competitiva para deportistas e deportes federados.

Nos últimos anos o Concello aumentou nun 30% as  axudas que destina ás entidades deportivas.