O fillo da octoxenaria desaparecida: ‘Non sabemos se está viva ou morta’

RIBADUMIA> Unha familia de Ribadumia denuncia a desaparición dunha das residentes do xeriátrico de DomusVi intervido pola Xunta. Trátase dunha dos 20 anciáns que deron positivo. Supostamente ía ser trasladada para  Povisa, pero segundo asegura a familia, nin no hospital vigués nin na residencia saben do paradoiro da anciá.

Co móbil na man agardando por unha chamada que non dá chegado. Así está esta familia de Ribadumia que denuncia a desaparición dunha das usuarias da residencia DomusVi, que onte foi intervida pola Xunta.

José Manuel é o fillo de Victoria. A octoxenaria deu positivo en coronavirus e, segundo se lle indicou ós seus familiares, ía ser trasladada ó hospital Povisa de Vigo.

Unha vez confirmado que non estaba en Povisa, a familia volveu chamar á residencia. E alí tampouco saben nada.

Non saben a quen recorrer nin que medidas tomar. Séntense indignados por como se está xestionando a súa situación por parte de DomusVi e das administracións.

Cren que detrás desta situación, a dirección do centro está a ocultar unha mala actuación. A familia estuda denunciar ó centro e mesmo piden á fiscalía que investigue a DomusVi pola xestión da residencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí