Sen sinais do gañador do millón de euros de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Pasaron catro dende que tocou O Millóns da Euromillóns en Vilagarcía, pero na administración de Lotaría de San Roque, seguen sen saber quen é o afortunado. O premiado vai levar para a casa un millón de euros, grazas a un código formado por tres letras e cinco números.

Dende hai dous anos bota-la Euromillóns implica tamén xogar a El Millón en España. Malia a súa curta andaina, o sorteo xa fixo parada en Vilagarcía: o premio tocou o pasado vernes aquí, na administración número 4 de San Roque. Polo de agora, descoñécese por completo quen puido se-lo afortunado.

A clave premiada componse de tres letras e cinco números. O sorteo do Millón é para moitos un auténtico descoñecido. Xógano á forza todos aqueles que boten a Euromillóns.

A sorte é xa unha habitual nesta veterana administración, aberta dende o ano 1946. Un dos máis cuantiosos entregábase o ano pasado: unha quiniela de 15 acertos premiada con 1.036.000 euros.

O premio do pasado venres serve tamén a esta administración como trampolín para as vendas de Nadal. Por se os cartos acaban chamando ós cartos, seguramente máis de un aproveite agora para tenta-la súa sorte nesta administración.

O tempo dirá se o vindeiro 22 de decembro, o Gordo cae nesta administración vilagarciá.