![]()
SALNÉS> Outro aspecto que tampouco gustou na rúa e que ese 1% vai proceder do Fondo de reserva da Seguridade Social, coñecido como a hucha das pensións.
{flowplayer}images/salnes/ENQUISA_MEDIDAS_ECONOMICAS.flv{/flowplayer}
O goberno central subirá as pensións un 1% no 2013 e o fará recorrendo, por primeira vez na historia, ó Fondo de reserva da Seguridade Social.Para moitos unha cifra escasa pero que se agradece.
O que non gusta tanto é que ese 1% vai proceder do tamén coñecido como a hucha das pensións. Dela colleranse pouco máis de tres mil millóns de euros. Será a primeira vez que se recorra a esta fondo.
A medidas está contemplada no proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado para o 2013 que ven de ser aprobado polo Consello de Ministros.
O documento contempla tamén outras novidades en materia tributaria e económica para os dous próximos exercicios. Entre elas suprimirase a dedución para a compra de vivenda habitual, crearase unha estratexia de emprego xuvenil e porase en marcha o Plan de Incentivos ó Vehículo Eficiente. Medidas coas que se pretende fomentar a actividade e aumentala recadación. Actuacións que algúns na rúa ven con escepticismo.
Entre outras, o proxecto tamén recollerá o aumento do gravame á Lotería do Estado que chegará ó 20%.
Redacción Salnés








