Os máis pequenos fixéronlle todo tipo de preguntas ao alcalde de Vilagarcía na visita ao concello

VILAGARCÍA> As nenas e nenos do campamento urbano de Vilagarcía visitaron hoxe o concello. Os pequenos mantiveron unha charla co alcalde na que lle fixeron todo tipo de preguntas. Se lanzaba telas de araña como Spiderman, se era mago ou se usaba pistola foron algunhas das máis curiosas.

O alcalde de Vilagarcía tivo que enfrontarse hoxe algunhas das preguntas máis estrañas que lle fixeron nos seus catro anos de mandato. Se lanza telas de araña como Spiderman ou se é mago son algunhas das preguntas que os nenos e nenas do campamento urbano da vila formularon ao rexedor na visita que hoxe fixeron ao Concello.

O alcalde destacou os coñecementos do concello e de civismo que teñen os pequenos.

A visita estivo formada por máis de 70 nenos e nenas que forman parte do campamento urbano de verán. Un proxecto feito para axudar á conciliación familiar e para entreter e educar aos máis pequenos. Segundo o alcalde o programa é todo un éxito.

A visita continuo por toda a casa consistorial na que os máis pequenos e pequenas puideron coñecer tódalas tarefas que se levan a cabo no concello.