Unha praia urbana e un recinto para mascotas, principais demandas da nova Asociación Canina do Grove

O GROVE> Nace a Asociación Canina do Grove. O colectivo busca unha mellor convivencia das mascotas coa veciñanza. Entre as súas prioridades, que o concello habilite unha nova praia urbana canina na que estea permitida a solta dos animais. Con ese mesmo obxectivo, tamén reclaman un recinto pechado con fins recreativos.

ACADOG é o nome da Asociación Canina do Grove que acaba de botar a andar. O colectivo xorde da unión dun grupo de veciños amantes dos animais. Buscan conquistar máis dereitos para as súas mascotas, fomentando a convivencia harmoniosa coa veciñanza.

A asociación marca como un dos seus primeiros retos conseguir unha nova praia para cans, preto do núcleo urbano. Unha petición que o Concello comprometeuse a estudar.

Ademais, ACADOG propón que nese areal poidan solta-los cans. Con ese mesmo obxectivo, tamén reclaman un recinto pechado con fins recreativos.

O colectivo tamén se compromete a impulsar rutas caninas polo Grove, así como a organización de charlas formativas con expertos, que educen ás mascotas e tamén os seus donos.