Rianxo reclama á Xunta axudas directas para facer fronte ós gastos derivados da pandemia

RIANXO> O pleno de Rianxo aprobou unha moción para solicitar á Xunta a achega de fondos para facer fronte ós gastos derivados da pandemia.

Consideran dende o goberno rianxeiro que os municipios están a asumir numerosos gastos extra derivados das esixencias desta crise sanitaria polo que reclaman axudas directas da administración autonómica.

Como exemplo, o alcalde de Rianxo, pon a contratación de sete persoas para reforzar as tarefas de limpeza nos centros educativos do municipio. Trátase de gastos importantes que deberían contar co apoio da administración autonómica.

Neste sentido lembra que o goberno central inxectou fondos á Xunta sen que chegasen a transferirse ós concellos. Pola contra, a Deputación si destinou investimentos ós municipios a través da liña de axudas PEL Reactiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí