Cogami estudará melloras no acceso ás mesas electorais

    fotocogamicopia.jpgPONTEVEDRA> A falta de apenas vinte días para as eleccións, a Xunta, a Deputación e Cogami continúan colaborando para mellorar a accesibilidade dos colexios.

    {flowplayer}images/salnes/VisitaRuedaDepo031012.flv{/flowplayer}

    Un estudio que está a analizar a accesibilidade dos colexios electorais situados na provincia de Pontevedra, un análise minucioso do estado dos locais e centros empregados como mesas electorais para, posteriormente, acometer a supresión dos inconvenientes e barreiras arquitectónicas atopados.

    Na sinatura participaron o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán. A previsión é que o estudo se complete en catro anos e en canto ó orzamento, a Xunta achegará 10.000 euros e a Deputación 15.000.

    Despois do traballo deste primeiro ano, toca agora a segunda fase, ocuparase dos concellos cuxa poboación se sitúe entre os 15.000 e os 20.000 habitantes. Concretamente serán seis Concellos, dos que aquí, na comarca do Salnés están incluídos Sanxenxo e Poio. En conxunto falamos dun total de 264 locais electorais. Polo de agora Pontevedra é a única provincia na que se puxo en marcha un convenio deste tipo pero xa se está preparando inicialo tamén na Coruña.

    Redacción Salnés