Bolcotur prevé 2500 entrevistas entre turoperadores e hoteleiros

    fotobolcoturcopia.jpgPONTEVEDRA> Entre o mércores e o venres trinta turoperadores e cento cincuenta hoteleiros daranse cita neste evento que nace para medrar.

    {flowplayer}images/salnes/Bolcotur.flv{/flowplayer}

    A Deputación de Pontevedra presentou esta mañá esta primeira edición de Bolcotur. Unha bolsa de contratación turística que levará a cabo en tres días 2500 entrevistas entre turoperadores e hoteleiros. Serán 30 maioristas os que participen no evento e uns 150 representantes do sector hoteleiro. Estas entrevistas supoñen o 75 por cento do valor total das contratacións.

    A feira está dirixida a profesionais do sector turístico de Galicia e o Norte de Portugal, e ten como fin poñer en contacto a oferta e demanda que existe nestas rexións en materia de turismo. As previsións contan coa asistencia de 10.000 persoas e 2000 profesionais. O lugar escollido e este edificio Sarmiento.

    Ademais de Bolcotur celebrarase tamén, dirixido neste caso ó público en xeral, o Salón do Turismo. Este ano virará en torno ó turismo deportivo. A través da exposición “Pontevedra Olímpica”e da proxección dos momentos máis destacados deste ano en canto ó deporte, preténdese continuar situando Pontevedra á cabeza dentro de España neste tipo de eventos.

    Dende a Deputación aseguran que o obxectivo é continuar fomentando o turismo, un sector que move nas Rías Baixas máis de 1800 millóns de euros ó ano. Pontevedra conta co 45 por cento das prazas hoteleiras de Galicia.

    Redacción Salnés