A plantilla do Hospital do Salnés teme o seu desmantelamento

    persoal_hospitalcopy.jpgVILAGARCÍA> A Xunta de Persoal concentrouse esta mañá ás portas do Centro para amosar o seu desacordo co desenvolvemento da xestión integrada.

    {flowplayer}images/salnes/XuntaPersoalSalnes041012.flv{/flowplayer}

    Unha xestión integrada a das áreas sanitarias de Pontevedra e o Salnés, que para a xunta de persoal é en realidade un desmantelamento deste último. Unha perda de competencias e de capacidade de xestión que ten como consecuencia, non só unha precarización dos postos de traballo, senón tamén, e o que é máis importante, un empeoramento da calidade do servizo.

    Os sindicatos non descartan, incluso, que deixe de ter o seu presuposto propio e este pase a ser administrado dende Pontevedra. A atención primaria volve a converterse nunha das grandes esquecidas. A principal preocupación nesta área é a falta dun interlocutor ó que dirixirse.

    Os especialistas advirten de que ademais, o aumento do tempo de espera das consultas ou dos resultados das probas é inevitable, e moitas veces dan como resultado un colapso do sistema.

    Redacción Salnés