Máis de 50 papás e mamás Noel pedalean polo Nadal en Sanxenxo

SANXENXO>  Máis de medio centenar de ciclistas déronse cita hoxe en Sanxenxo para percorrer a Papanoelada solidaria. A carreira englóbase dentro do programa de Nadal que está a levar a cabo o concello. Os participantes acudiron con alimentos ou xoguetes para doar aos máis necesitados.

As festas de nadal son unhas datas de agasallar e axudar ao máis necesitados. Con este obxectivo o concello de Sanxenxo e o club ciclista Corbelo organizan a Papanoelada solidaria. Decenas de ciclistas percorreron as rúas da vila disfrazados de papás e mamás Noel.

O máis de medio centenar de participantes fixeron un percorrido de ida e volta a Portonovo dende a carpa situado na praza dos barcos de Sanxenxo.

Os participantes asistiron á ruta ciclista con alimentos ou xoguetes para doar. As doazóns poden superar os 80 quilos de produtos.

A ruta inclúese dentro do programa de Nadal de Sanxenxo. Ao longo destas datas o equipo de animación do concello está a realizar diferentes actividades na carpa da prazo dos barcos.

O obxectivo é que os máis pequenos estean entretidos e axudar á conciliación familiar.

O programa de Nadal de Sanxenxo é moi variado con eventos tódolos días ata o 6 de xaneiro. Hai actividades para tódolos públicos aínda que a maioría están centradas para os máis pequenos. Dende o equipo de animación calculan que máis de 500 nenos e nenas gozarán na carpa ao longo destas datas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí