Un videoclip meco para demostrar que a casa é o mellor lugar no que estar

O GROVE> Quedar na casa non é un impedimento para pasalo en grande. Iso sábeno ben no Grove, onde os ánimos non decaen nin co estado de alarma.

Un grupo de veciños elaborou un divertido videoclip que están a compartir a través das redes sociais.

Cun dron, que viaxa de casa en casa, os mecos amósannos a cara máis amable do confinamento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí