Chega a Vilagarcía a obra teatral “Algún día traballaremos xuntas”

    VILAGARCIA> Algún día traballaremos xuntas é o título da obra teatral que se vai a por en escea este sábado no Auditorio Municipal de Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/teatro_traballaremos_xuntos.flv{/flowplayer}

    Esta vixésimo sétima creación da Compañía Teatro do Atlántico recrea a obra E.R. do xenial guionista catalán Josep María Benet i Jornet.

    As actrices galegas Manuela Varela, María Barcala, Luísa Merelas e Susana Dans póñense ás ordes do director Xulio Lago á hora de interpretar esta comedia agridoce na que se relatan as relacións humanas e profesionais de varias compañeiras de xogos que de cativas soñaban con consagrarse coma actrices.

    A entrada custa 4 euros e pode ser retirada na páxina de Servinova ou no teléfono 902 504 500. A actuación comeza ás nove da noite no antedito Auditorio de Vilagarcía. Ten unha duración de 110 minutos, está narrada en galego e esta indicada para público adulto.

    Redacción Salnés