Os traballadores de Campiñas de Laíño convocan unha nova folga indefinida

    novafolgarefojoygonzalez100.jpgBARBANZA> Catro meses despois da primeira, os traballadores de Campiñas de Laíño, Refojo y González e Hipescar convocaron unha nova folga indefinida.

    {flowplayer}barbanza/novafolgarefojoygonzalez.flv{/flowplayer}

    Os representantes dos traballadores decidiron convocar unha nova folga indefinida para denunciar o empeoramento das condicións neste grupo de empresas do sector cárnico dende que se iniciara o concurso de acredores.

    Ós sete despedimentos iniciais sumáronse outros traballadores despedidos así como eliminación de dietas e cambios laborais a modo de represalia, tal e como denuncian os representantes da CIG.

    Denuncian ademais o intento de vulneración do dereito á folga coa contratación de persoal para substituír ós traballadores que están a secundar o paro.

    Á espera dunha resposta por parte da dirección da empresa que permita retomar as negociacións teñen previsto manter a convocatoria de folga con carácter indefinido.

    Dereito ó traballo

    Pola contra, entre os traballadores que non secundaron a folga o sentir é ben distinto. Consideran que é preciso apoiar á empresa nesta mala racha para conseguir reflotar a situación.

    Ademais insisten en que as condicións teñen mellorado nos últimos meses xa que están a cobrar sen retrasos e tan só se lles adebedan dúas pagas extra. Respectan o dereito dos compañeiros á folga pero piden ese mesmo respecto para aqueles que queren traballar.

    Redacción Barbanza