Os viños Rías Baixas miran cada vez máis cara o mercado xaponés

    fotoseminariocopia.jpgPONTEVEDRA> A comisión xaponesa que visitou a DO esta semana puxo fin a súa viaxe. O colofón a esta misión inversa foi un seminario dirixido ós exportadores.

    {flowplayer}images/salnes/SeminarioVinoXapon.flv{/flowplayer}

    A situación dos viños Rías Baixas no mercado xaponés, a súa evolución nos últimos anos os prezos medios por países. Todas estas cuestións foron as que tratou este seminario que levaba por título “O mercado do viño en Xapón”.

    A analista da Ofcomes de Tokio, Chieko Konagaya foi a encargada de impartir esta conferencia dirixida ás adegas que exportan ó mercado xaponés, para animalas a continuar traballando a pesares de ser un mercado complicado.

    Importantes as relacións persoais, así é que, para a analista, as misións inversas como a levada a cabo esta semana son máis que positivas.

    Tamén estivo presente neste seminario o Presidente do Consello Regulador. Juan Gil fixo fincapé na importancia de seguir avanzando cara a exportación.

    Por parte do sector a acollida deste tipo de iniciativas é moi boa. As adegas son conscientes da importancia de continuar posicionándose nun mercado crecente como o xaponés e agradecen estas xornadas.

    Este é precisamente o camiño no que traballan nestes momentos a maioría das adegas xa presentes nos mercados estranxeiros, en posicionar a súa marca.

    Redacción Salnés