O IES Praia Barraña convoca o I Premio ‘Barraña Negra’

BOIRO> O IES Praia de Barraña de Boiro convoca o primeiro premio ‘Barraña Negra’. Trátase dun proxecto educativo encamiñado a fomentar a lectura entre a mocidade.

Tras unha primeira experiencia piloto desenvolvida o pasado curso, o IES praia de Barraña convoca este ano a primeira edición do Premio Barraña Negra. Trátase dun proxecto de fomento da lectura no que o alumnado se está a achegar ó xénero da novela negra.

A primeira parte dese acto terá lugar no propio instituto onde os alumnos manterán un encontro co escritor. Xa pola tarde desenvolverase un coloquio na Pousada da Galiza Imaxinaria con peche musical. Ademais dun grupo do propio instituto, ofrecerá un concerto o grupo ‘O Sonoro Maxín’.

A iniciativa conta co apoio da asociación Barbantia quen destacou a necesidade de integrar ós mozos nas actividades de índole cultural. O obxectivo do instituto é darlle continuidade a este premio en vindeiras edición implicando a outros centros educativos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí