NOIA> O grupo Taburete ofrecerá un concertó en Noia o 15 de maio. Será en formato acústico no Coliseo Noela a partir das oito da tarde. As entradas estarán á venda na web www.ataquilla.com.
A música é unha das grandes protagonistas da programación cultural de Noia para este verán. Como aperitivo, xa en maio o día 15 o Coliseo Noela acollerá a actuación do grupo taburete. Ofrecerán un concerto en formato acústico.
O evento está organizado polo concello en colaboración coa Cadena Ser cun fin solidario. Tódolos fondos recadados coas entradas, cun prezo simbólcio de 5 euros, serán para Cáritas e Cruz Vermella.
Os interesados poden mercar a súa entrada en ataquilla.com a partir de mañá pola tarde. O prezo é de cinco euros máis os gastos de xestión.