As floristerías triplicarán as vendas polo día de Defuntos

    VILAGARCÍA> Os crisantemos, as orquídeas e as rosas son as flores que máis reclaman os clientes.

    {flowplayer}images/salnes/ReporFloristeria_301012.flv{/flowplayer} 

    Días de moito traballo para as floristerías que fan o seu particular agosto. Son datas nas que aumentan o seu horario de apertura, incluso sen pechar as portas ó mediodía, horas de menor clientela nas que se aproveita para facer encargos e os centros máis laboriosos. As ventas nestes días aumentan nun 300%.

    As orquídeas, as rosas e sobre todo os crisantemos, son as flores máis recomendadas.

    O traballo xúntanse en apenas unhas horas xa que a todo o mundo pide a flor fresca. A crise tamén afecta a este sector, non no número de clientes pero sí no gasto que fan. Malia a suba do IVE, a calidade da flor do país deste ano semella que dará un respiro e evitará un suba nos prezos. Entre 20 e 30 euros é o prezo medio que soemos gastar en flores para honrar ós nosos defuntos.

    Redacción Salnés