O PSOE oponse enerxicamente á lei de taxas xudiciais

    PONTEVEDRA> En menos dun mes entrará en vigor unha Lei de Taxas Xudiciais que vai contra os dereitos constitucionais…

    {flowplayer}images/salnes/psoe_pontevedra_taxas_xudiciais.flv{/flowplayer}

    … e que suporá un veto na práctica para as familias españolas con menos recursos. Esta é a enérxica denuncia que formulan desde o Partido Socialista da Provincia de Pontevedra. Para o PSOE esta nova Lei que pretende sacar adiante o Partido Popular en solitario suporá un grave menoscabo dos dereitos das clases media e baixa.

    Os socialistas advirten que esta norma conta ca oposición de tódolos grupos parlamentarios do Congreso, que xa presentaron unha emenda á súa totalidade; así como de tódolos estamentos da xustiza ata o Consello Xeral do Poder Xudicial. Esta lei entrará este mércores en comisión e ó aplicarse pola vía de urxencia, sen o período de vacatio legis; co que entrará en vigor neste mes de novembro.

    Para os socialistas esta medida está encamiñada a disuadir ós que teñen menos recursos a poder defender os seus dereitos sen custe algún; ó fixar como baremo dos posibles beneficiarios segundo o IPREM, non respecto ó salario mínimo interprofesional como se viña facendo ate o de agora. Deste xeito, o PP podería así reducir o corpo funcionarial e o consecuente servicio que se viña prestando ate o de agora a toda a sociedade.

    Redacción Salnés