![]()
VILAGARCIA> Neste outono proliferan as actuacións teatrais nos Concellos das Rías Baixas e Vilagarcía non quixo ser menos,…
{flowplayer}images/salnes/vilagarcia_de_risa.flv{/flowplayer}
… aínda que en colaboración ca empresa privada Cultura Activa. Durante o vindeiro mes de novembro o Auditorio de Vilagarcía acollerá cada domingo unha sesión teatral para os máis pequenos da casa e os seus acompañantes.
A posta en escea destas catro pezas teatrais correrá a cargo de compañías de renome como Os Sete Magníficos +1; Peter Punk; Titiritempo ou o Circo Chosco. A venda anticipada en billeteira para as mesmas producirase desde o sábado anterior a cada función, agás no caso da función de monicreques do día 18.
A estas actuacións infantís cabe engadir unha sesión golfa a cargo do humorista televisivo Quequé.
Redacción Salnés










