![]()
RIANXO> Este luns iniciouse a campaña do bou de vara na ría de Arousa. Os mariñeiros de Rianxo destacaron a gran presenza de volandeira.
{flowplayer}barbanza/aperturaboudevara.flv{/flowplayer}
Tralos modestos resultados do pasado exercicio, os mariñeiros de Rianxo afrontan a presente campaña do bou de vara con optimismo. Na primeira xornada de actividade non se atoparon con dificultades para acadar os topes de zamburiña, establecidos en cincuenta quilos por tripulante e un máximo de cento cincuenta por embarcación.
A abundancia da zamburiña, xa agardada tralos muestreos realizados durante as últimas semanas, contrasta coa menor presenza doutras especies como a nécora ou o chopo.
Boa cotización
En total subhastáronse 4.600 quilos de volandeira que oscilou entre o 1’40 e os 5’40 euros. Pola súa banda, a nécora máis baixa quedou en 9euros mentres que a de maior calidade alcanzou os 22. A estas especies engádenselle outras como o chopo do que chegaron a sunbhastarse 180 quilos e outras capturas complementarias como algo de linguado, centola ou faneca.
A pesar de que aínda é cedo para realizar un balance en profundidade, o patrón maior rianxeiro, Baltasar Rodríguez, considera que se os prezos se aguantan queda por diante unha boa cam paña.
Redacción Barbanza










