Veciños da rúa Revolta en Castiñeiras reclaman a mellora integral da zona

RIBEIRA> Un grupo de veciños da rúa Revolta na parroquia de Castiñeiras demándanlle ó Concello a construción dunha beirarrúa para garantir a seguranza viaria na zona. A pesar de terllo solicitado en máis dunha ocasión, o goberno municipal fai caso omiso á súa petición.

Este é o estado actual da rúa Revolta en Castiñeiras. Os veciños denuncian as deficiencias que presenta o firme, que carece de beirarrúas e que existen numerosas zonas estreitas polas que un vehículo ten dificultades pra circular. A pesar de terllo solicitado en máis dunha ocasión, e mesmo aprobarse en pleno, a actuación aínda segue pendente de executar.

A situación agrávase aínda máis nas épocas de chuvia, xa que ó carecer de rede de recollida de pluviais a auga baixa con forza pola rúa e dificulta o tránsito por ela.

O BNG fíxose eco da demanda, e levará unha moción ó pleno deste luns para que se acometa o arranxo urxente da rúa.

Os nacionalistas din que non é un problema novo. Segundo eles é bastante habitual, e responde ó desinterese do equipo de goberno polas parroquias.