MEAÑO> Meaño estrea a iluminación no Polígono da Pedreira. A actuación beneficia a un treito de rúa duns 400 metros que ata o momento carecía de alumeado.
A dotación deste servizo contou cunha achega da Xunta, grazas a un programa da Consellería de Industria. O goberno galego achegou o 80% do investimento que aquí se fixo, que ascendeu en total a 48.000 euros.
Esta non é a única achega que a Xunta fixo neste parque industrial de Meaño. Recentemente tamén se levou a cabo a ampliación da rede de saneamento. Nese caso, o investimento foi de 53.000 euros, dos que o goberno galego aportou 43.000.
Esta mañá visitaron a zona o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e o alcalde de Meaño, Carlos Viéitez.











