![]()
VILAGARCIA> Vilagarcía conta desde agora cunha nova e moderna superficie comercial na Praza da Independencia:…
{flowplayer}images/salnes/inauguracion_gadis_vilagarcia.flv{/flowplayer}
… trátase da reapertura do centro comercial Gadis que desde este xoves ten acceso desde esta Praza e tamén desde a rúa Arcebispo Xelmírez. Este centro, xunto co inaugurado ó mesmo tempo en León, supón o número 212 da cadea de alimentación galega GADIS, ós que hai que engadir ós 11 que levan a marca CASH IFA e os 157 franquiciados ca marca Claudio en Galicia e Castela-León.
Este remodelado centro conta con máis dous metros cadrados nos que se expoñen máis de 10.000 artigos das máis variadas marcas de primeira calidade; unha ampla variedade que se estende tamén á gama de productos frescos. Todo isto conservados grazas ós máis modernos e eficientes expositores de alimentación.
O cadro de persoal deste GADIS componse de 30 persoas, 8 delas de recente incorporación que atenden ó público en horario ininterrompido de nove da mañá a nove e media da tarde.
Redacción Salnés









