O jazz resoará na Armenteira esta fin de semana

    MEIS> As notas do mellor jazz volverán resoar na Armenteira. A praza do mosteiro acollerá os días 12, 13 e 14 de agosto a segunda edición do Festival Internacional de Jazz. Unha aposta que o ano pasado foi todo un éxito, e que este repite engadindo un día máis á programación. Esta fin de semana a praza da Armenteira soará a jazz. O recinto acollerá a segunda edición do Festival Internacional dedicado a esta música que, con só un ano de vida, xa incorpora novidades na súa programación. O saxofonista portugés Zé Pedro encargarase da apertura o sábado, mentres que o domingo o escenario será de Wilfried Wilde, guitarrista francés afincado en Galicia. O luns despedirá a cita Naíma Acuña Trío. Este ano o concello de Meis mantén o seu apoio á organización. Un respaldo que, aseguraron, continuará en vindeiras edicións. Todos os concertos serán ás 10 da noite. As jam sessions arrincarán ás 11 e media.