A Escola de Música de Vilanova terá nova sede antes de finais de curso

    VILANOVA> Esta mañá presentáronse oficialmente os novos cursos das escolas de Música e Arte no concello de Vilanova. Durante o a presentación o alcalde, Gonzalo Durán, aproveitou para anunciar que antes de que remate este curso a Escola de Música contará coa súa nova sede no Esteiro. As escolas municipais de Música e de Arte de Vilanova comezan novo curso con importantes novidades. Pola súa banda, a escola de música inaugura curso coa motivación de que antes de que remate este ano trasladaranse desde Vista Real ata o novo Auditorio do Esteiro, que tal e como indicou o alcalde esta mañá na presentación do novo curso, estará listo ó longo deste ano. No que respecta á Escola de Arte, clases que se imparten no Albergue das Sinas, comeza este curso con novidades de cara ás materias e disciplinas que aprenderán os estudantes. Este ano a escla de arte trae outra novidade, que é un obradoiro destinado a maiores para desenvolver a súa memoria e non perder habilidades, que terá lugar os mércores de dez a doce da mañá.