![]()
RIBEIRA> Amplo seguimento da protesta convocada polo Consello da Avogacía Galega en contra da suba das taxas contemplada na reforma xudicial.
{flowplayer}barbanza/concentracionavogadosribeira.flv{/flowplayer}
Os avogados exeitan a suba de taxas por discriminatoria e instan ó Ministro de Xustiza a escoitar a súa voz para acordar unha reforma consensuada con tódolos sectores do ámbito xudicial.
De aprobarse esta reforma haberá unha parte maioritaria da poboación que non poida asumir as taxas ó tratarse de contías moi elevados.
Tras esta xornada de protesta, os profesionais non descartan novas mobilizacións aínda que moi limitados polos prazos posto que o proxecto debaterase no Senado a próxima semana.
Redacción Barbanza







