O goberno de Lousame aproba as obras do POS e do PAS

    LOUSAME> O punto saíu adiante con sete votos a favor do Partido Popular e o BNG, fronte ás tres abstencións do Partido Socialista. O investimento do PAS, uns 273 mil euros, dividíronse en dous tipos de actuacións. A primeira, referida a investimentos financeiramente sostibles, empregaranse na limpeza de cunetas e reparación do firme da estrada de Camboño a Miñortos, nos accesos a Burzó e na mellora do interior de Arxellas; así como nos accesos a San Xusto e Fontefría. O segundo grupo de investimentos do PAS 2015 correspóndese a investimentos de carácter social. Neste grupo incluiranse obras de reparación e mellora nos locais sociais de Lesende, Aldeagrande, Béxeres, Vilacoba e Escabia, así como na mellora dos accesos ó local social de Cruído e no Punto de Atención á Infancia dende Cernande ou no acondicionamento dos parques infantís de Portobravo e Escabia. En canto ó Plan de Obras e Servizos 2016, destinaranse máis de 102 mil euros a dous proxectos como son a mellora dos accesos a Berrimes e a Silvarredonda. A cantidade restante dedicarase a gasto corrente.