As Ruinas de Santa Mariña reciben ó Cristo de Francisco Leiro

CAMBADOS> O Cristo de Francisco Leiro volve ás Ruinas de Santa Mariña en Cambados. Se as condicións acompañan a talla estará exposta ata novembro.

Outro ano máis as Ruinas de Santa Mariña reciben o Cristo de Franciso Leiro. O escultor cede a súa obra para enriquecer a zona histórica. A súa colocación comporta unha serie de coidados debido ó gran tamaño da imaxe e ó carácter patrimonial da igrexa.

O Cristo de Francisco Leiro substitúe á antiga talla que estaba situada nas Ruínas. A madeira ca que está feita ó antigo cristo é moi fráxil e as condicións meteorolóxicas deixárono deteriorado. Na actualidade atópase en propiedade dos seus donos que son os que decidirán se a restauran.

No caso de ser restaurado buscaríase unha localización dentro das Ruínas para cada talla. Xa que, segundo Victor Caamaño, a obra de Francisco Leiro e moi fermosa e ten un gran valor estético.

O cristo estará exposto, se as condicións meteorolóxicas o permiten, ata novembro.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí