![]()
VILAGARCÍA> A organización asegura que se estableceron moitos contactos entre as parellas interesadas e os expositores.
{flowplayer}images/salnes/ArosaNovias.flv{/flowplayer}
Setenta e cinco stands ocuparon durante toda a fin de semana o recinto de Fexdega nesta primeira edición de Arosa Novias. O evento pretendía ofrecer as parellas tódalas posibles opcións para a súa voda reunidas nun mesmo espazo e aínda que é cedo para facer balance, parece que as expectativas quedaron cumpridas. Así é que dende a organización agardan que esta fora a primeira de moitas.
Parellas que nesta cita podían atopar todo o preciso, dende o restaurante, as fotografías, as flores, un mundo de oportunidades para cubrir tódalas necesidades.
O goteo de xente foi constante durante toda a fin de semana aínda que houbo momentos especialmente destacados, un deles foi a inauguración que contou coa presenza de Vicky Martín Berrocal como madriña.
E a maiores dos stands, desfiles, exhibicións de baile e degustacións. Actividades todas elas que ademais permitiron os expositores amosar a súa oferta.
Xa ven, dende o banquete ata os regalos pasando polo viño e a perruquería. Todo reunido nesta primeira edición de Arosa Novias.
Redacción Salnés








