Marea da Vila abandona a xunta de voceiros ao considerar un engano a presentación dos orzamentos

VILAGARCIA> A oposición de Vilagarcía móstrouse en contra dos orzamentos do goberno de Varela. A líder de Marea da Vila abandonou a xunta de voceiros denunciando o absolutismo do partido socialista. Dende a súa formación consideran que a reunión de hoxe foi un engano.

Os partidos da oposicións do concello de Vilagarcía rexeitan os orzamentos do 2021. As críticas van destinadas principalmente a elaboración dos mesmos. Dende Marea da Vila denuncian que o goberno vilagarcián non consultou co resto de partidos da corporación a elaboración dos orzamentos. A súa voceira María de la O abandonou hoxe a xunta de voceiros ao considerala un engano.

O goberno de Varela presentou os orzamentos á oposición xusto un día antes da convocatoria do pleno. Dende Marea da Vila sinalan os socialistas actúa de forma absolutista evitando que os partidos da oposición analicen os orzamentos e presenten emendas.

María de la O tamén criticou que o goberno municipal convocase a xuntanza pola mañá, xa que iso impediu que partidos como Ciudadanos ou Vilagarcía en Común puidesen asistir á reunión.

A estas críticas sumáronse as outras formacións que si puideron asistir á xunta, o Partido Popular e o BNG. Lucía César, a voceiras dos nacionalistas, lamentou que o partido socialista se aproveitase da súa maioría absoluta para non consultar a elaboración dos orzamentos e os presente a última hora para evitar calquera réplica. O alcalde vilagarcián respondeu as críticas da oposicións. Alberto Varela asegurou que a súa obriga é elaborar os orzamentos e abriu a porta ao resto de partidos a que presenten as súas propostas ao longo do ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí