As administracións de lotaría comezan a quentar motores para o Sorteo de Nadal

RÍAS BAIXAS> Unha das grandes tradicións que volve cada Nadal é a Lotaría. Falta xa menos dun mes para o sorteo e nas administracións comeza xa a haber movemento. De media, disque cada galego gastará case 70 euros en décimos… outra cousa será que nos toque…

A ilusión nunca se perde e se cadra, este ano, si que nos toca. Por se ao final a sorte nos sorrí, nas administracións de lotaría comezan a notar xa movemento para o tradicional sorteo do 22 de decembro. Pero hai incluso quen pensa na Lotaría de Nadal incluso no verán, en especial, aqueles que nos visitan.

Os clientes da casa comezan xa a facer acopio de décimos, a ver se este ano cae algo. Cada galego gastará case 70 euros no sorteo da Lotaría de Nadal. Unha tradición dentro da que tamén atopamos rituais que nunca fallan. Por exemplo, as terminacións.

E en como todo sempre unha parte negativa, a Policía Nacional fai un chamamento para evitar estafas relacionadas co Sorteo de Nadal. Indican que os métodos máis comúns que empregan os delincuentes son a través de chamadas telefónicas, SMS, correo electrónico ou incluso polas redes sociais. O método: suplantan a identidade dunha organismo de confianza para comunicar un suposto premio, co obxectivo de facerse cos nosos datos. Así que, xa saben, hai que xogar con responsabilidade en tólodos sentidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí