A chuvia desloce a Semana Santa de Paradela

MEIS> Semana Santa pasada por auga en Paradela, no Concello de Meis. A chuvia obrigou a cancelar as dúas representacións do Venres Santo. Si que se puido celebrar a Última Cea o Xoves Santo e tamén a escenificación do Domingo de Resurrección. Entre os veciños que lle dan vida a estas escenas queda un sabor agridoce, agardando que o ano que vén o tempo si acompañe.

A chuvia foi a gran protagonista da Semana Santa de Paradela deste ano, obrigando mesmo a cancelar a metade das representacións.

O Xoves Santo, a pesar do mal tempo, si que puido saír adiante a escenificación da Última Cea no adro da igrexa. Ata alí achegáronse ducias de fieis, que con paraugas en man, arrouparon a recreación das últimas horas de Xesús, unha figura -por certo- personificada en Daniel Castro, un mozo de Meis que repite neste papel por segundo ano consecutivo.

Foi na xonrada de Venres Santo cando chegaron as malas novas a esta parroquia meisina. A organización tivo que tomar a dura decisión de cancelar as dúas escenficacións que representan ese día.

Pola mañá, a escenficación das derradeiras horas de Xesús, que se suspendía confiando en que a situación mellorase . Non foi así e houbo tamén que cancelar a representación do venres á noite, no monte da Croa, co desencravo e descendemento de Xesús.

Unha decisión difícil e triste para a organización, tendo en conta a gran implicación da veciñanza da zona e de todo o traballo que hai detrás.

As boas novas chegaron neste Domingo de Pascua, cando Paradela si puido celebrar a escenificación do Domingo de Resurrección. Foi nun acto no adro da igexa ata onde se achegaron ducias de fieis e veciños. Nesta derradeira xornada tamén se puido celebrar a misa cantada e a procesión de Resurrección.

A Semana Santa en Paradela, pois, despidese cun sabor agridoce. Na parroquia, así e todo, comezaron hoxe a traballar xa na edición do ano que vén, confiados en que para 2026 o tempo dea unha tregua.