Retiran máis de 480 quilos de refugallos do Areoso

A ILLA> Máis de 480 quilos de refugallos retirados do mar. Ese é o resultado dunha nova xornada de limpeza ambiental na Illa de Arousa. A expedición traballou hoxe sobre o illote de Areoso, de onde provén todo o lixo retirado malia o seu reducido tamaño. A actividade busca chama-la atención sobre o problema do lixo nas nosas costas, ao tempo que serve para reclamar un maior coidado de espazos naturais sensibles como no que actuaron hoxe.

Na Illa de Arousa continúan coa súa particular cruzada contra o lixo mariño. Hoxe estiveron actuando no Areoso, de onde conseguir retirar todos estes refugallos. Son máis de 480 quilos, localizados na superficie do illote.

Ademais de botellas e plásticos, parte do lixo provén da propia actividade mariñeira. A zona é especialmente sensible, polo seu valor natural, en especial pola fauna que habita aquel espazo.

Ademais da retirada dos refugallos, esta actividade impulsada pola Confraría insular serve para visibilizar e concienciar sobre unha problemática que afecta a toda a costa do país.

A actividade lévase a cabo no marco do programa Plancton da obra social de Afundación. Un proxecto que xa ten visitado a Arousa noutras ocasión, polo seu gran valor ambiental.

O proxecto xa ten previstas outras accións dentro da ría de Arousa. A seguinte parada será na Illa da Toxa, o 22 de abril, para participar nunha limpeza da man das mariscadoras da zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí