VILAGARCÍA> O programa de encontros teatrais busca fomentar a transmisión da lingua nai entre pais e bebés mediante xogos e cantos.
{flowplayer}images/salnes/AXOUXERES_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
A xeracións dos Axóuxeres chegou esta fin de semana a Vilagarcía. Xan, Iria, Pelouro e o marciano R01 visitaron o sábado o Auditorio para pasar unha divertida mañá de lecer na compaña dos máis cativos da casa.
Cantos, xogos palmas… Pais e bebés gozaron ó longo de case unha hora dunha sesión teatral na que do se trataba é pasalo ben, en galego. Porque esta é a finalidade dos ‘Encontros dos Axóuxeres’, fomentar a transmisión da lingua nai entre pais e fillos de familias novas.
Desde o pasado mes de outubro e durante as fins de semana de outono, Os Axóuxeres percorrerán 20 localidades galegas. Ademais de Vilagarcía, tamén incluíron na súa axenda municipios do Barbanza como A Pobra, Ribeira ou Boiro. A iniciativa está promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e para aquelas familias que desexen continuar con este programa de lecer e formación na casa, saiban que teñen á súa disposición na internet materiais descargables para móbiles e tabletas android, como cancións, xogos e diversas aplicacións.
Redacción Salnés