Catro agrupacións participan na Mostra de Teatro Amador que arranca este sábado en Aguiño

RIBEIRA> Catro agrupacións participarán na Mostra de Teatro Amador Francisco Lorenzo Mariño que comeza este sábado en Aguiño. Nesta decimo cuarta edición, o ciclo teatral recadará fondos para a Asociación Galega de Nenos Prematuros AGAPREM.

A grupo Charamela de Melide inaugura este sábado a mostra de teatro afeccionado de Aguiño que organiza a asociación cultural Francisco Lorenzo Mariño. En total, serán catro as agrupacións que cada sábado ás oito da tarde levarán a escena as súas propostas  ó conservatorio de Aguiño.

Aínda que a entrada é de balde, a mostra terá como cada ano carácter benéfico. Os fondos recadados a través de donativos destinaranse á asociación galega de Nenos Prematuros.

Ademais do apoio da Deputación da Coruña e do concello de Ribeira, a mostra conta co patrocinio de diversas empresas como Conresa, Combustibles Puebla, Farmacia Mariño, Digar de Artes e Fripusa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí